Ciudadanos confirma que Beatriz Pino, afín a Arrimadas, será a candidata á Xunta tras gañar as primarias

A portavoz de Cidadáns en Galicia, Beatriz Piñeiro, en rolda de prensa.
CIUDADANOS
Publicado: viernes, 28 febrero 2020 13:28

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Ciudadanos (Cs) anunciou este venres que Beatriz Pino gañou as primarias galegas da formación laranxa, polo que será candidata á Presidencia da Xunta nas eleccións do próximo 5 de abril.

   Nun comunicado, Cs cifra a participación nun 56,41 por cento, aínda que non ofrece máis datos, tampouco os votos que recibiu ningún do seis aspirantes que concorrían na Comunidade. En total, ao proceso estaban convocados 980 militantes, segundo trasladara previamente a formación laranxa.

   Pino é afín á portavoz do Grupo Parlamentario de Cs, Inés Arrimadas. De feito, o pasado mércores, data na que Arrimadas fixo oficial a súa candidatura para tentar liderar o partido e deu a coñecer cal sería o seu equipo, transcendeu que nel estará a xa candidata á Presidencia da Xunta.

   Precisamente, Arrimadas confirmou que participará na presentación de Pino como candidata, que terá lugar na cidade de Ourense nesta mesma xornada.

XORNALISTA

   Pino --Vigo, 1975-- estreouse como deputada por Pontevedra no Congreso após as eleccións xerais de abril de 2019, aínda que cando se repetiron en novembro quedou fóra da Cámara baixa --a formación laranxa non conseguiu representación en Galicia, fronte ás dúas actas (pola Coruña e por Pontevedra) que obtiveran nos anteriores comicios--.

   É xornalista, licenciada pola Universidad Carlos III de Madrid, e traballou en medios de comunicación como Telemadrid, a TVG e Antena 3. Antes de implicarse activamente na formación, era asesora de comunicación de Ciudadanos.