5 de Abril de 2020
 
Publicado 26/02/2020 20:15:12 +01:00CET

O Clínico de Santiago descarta contaxio nos casos analizados este mércores

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago descarta, de momento, contaxio polo COVID-19, o coronavirus.

O Hospital Clínico de Santiago activou este mércores o protocolo de prevención e actuación ante a presenza de dous pacientes sospeitosos, que se estaban analizando.

Finalmente, fontes sanitarias confirmaron a Europa Press que os estudos realizados a estes casos sospeitosos deron negativo e descartaron o contaxio.

Distintos hospitais da Comunidade activaron estes días os seus protocolos ante casos sospeitosos, a maior parte relacionados con persoas que estiveran no norte de Italia. O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo descartaron que dúas persoas cuxos casos se estudaban como sospeitosos de coronavirus contraesen a infección.

Outros centros, como o Hospital Lucus Augusti (HULA) ou o Hospital de Ourense analizaron durante a xornada casos sospeitosos deste virus relacionados con persoas que estiveran en Italia. No último caso, xa foron descartados.

Lo más leído

  1. 1

    Un fármaco antiparasitario logra matar al coronavirus en 48 horas

  2. 2

    Una madre pone un cartel a sus hijos para que no la interrumpan mientras teletrabaja y se hace viral

  3. 3

    Detenido un hombre en Moratalaz que intentó rajar a varios agentes con dos catanas al grito de "Yo soy Dios"

  4. 4

    Los pedos son desagradables en la Tierra, ¿sabes que en el espacio son peligrosos?

  5. 5

    Sánchez decidirá si amplía el estado de alarma según criterios sanitarios