O Concello da Coruña estuda alternativas "non tóxicas" para eliminar malas herbas en rúas

Presenza de malas herbas en rúas da Coruña
AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA
Actualizado: miércoles, 21 agosto 2019 16:50

A CORUÑA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Concello da Coruña estuda alternativas "non tóxicas" para eliminar as malas herbas en rúas da cidade, segundo sinala en resposta ás peticións para que se evite este tipo de produtos.

Nun comunicado, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, afirma que se están estudando "novas medidas" ante as queixas dos veciños sobre a existencia desta problemática.

No entanto, en alusión a un comunicado remitido a este respecto por Marea Atlántica, afirma que non se está utilizando glifosato "nin ningún outro produto tóxico para eliminar as herbas das beirarrúas e vías da cidade".

Tamén precisa que o sistema empregado actualmente, baseado no uso do vinagre, non garante "a erradicación destas herbas" polo que se descartou o seu uso ao entendelo "ineficaz". Por iso, afirma están a estudarse outras alternativas "non tóxicas".