O deputado Gonzalo Caballero sofre un accidente ao cruzar uns patos a AP-9, pero atópase ben e de alta

Uns patos cruzan a AP-9  no accidente que afectou o deputado Gonzalo Caballero
CEDIDA USUARIO AUTOPISTA
Publicado: lunes, 16 mayo 2022 16:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 May. (EUROPA PRESS) -

O deputado socialista Gonzalo Caballero sufriu un accidente na AP-9 o pasado sábado, após a toma de posesión do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pero recupérase "ben" do sinistro, segundo el mesmo ratificou a Europa Press, e está de alta hospitalaria.

Aínda que foi "un susto gordo", tanto el, que viaxaba só no vehículo camiño da Coruña, como os ocupantes do outro vehículo saíron polo seu propio pé. Caballero foi trasladado ao hospital para realizarlle varias probas e detectóuselle unha costela rota, pero foi dado de alta e o domingo fixo "vida normal".

O accidente produciuse ao cruzar pola autoestrada, a uns 50 metros das cabinas de peaxe, un grupo de patos, o que provocou a reacción do coche que ía diante do de Caballero e o sinistro do coche en que viaxaba o deputado, que deu varias voltas de campá, pero do que conseguiu saír polo seu propio pé.

O deputado socialista e ex secretario xeral do PSdeG recibiu varias chamadas para coñecer o seu estado, entre elas, a do presidente da Cámara, Miguel Santalices, preocupado tamén esta semana pola saúde do portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que se recupera "favorablemente" do seu infarto sufrido durante o debate de investidura de Alfonso Rueda a semana pasada.