Detido un veciño de Outeiro de Rei (Lugo) nunha operación antidroga da Garda Civil de Málaga

Publicado: viernes, 14 febrero 2020 12:11

   LUGO, 14 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Un veciño do municipio lucense de Outero de Rei foi detido por axentes da Garda Civil no marco dunha operación antidroga que coordina a Comandandia do Instituto Armado de Málaga coa colaboración da Benemérita de Lugo.

   Este home foi detido nunha parroquia de Outero de Rei, na casa dos pais, no marco dunha "operación de tráfico de drogas", puntualizaron fontes da investigación.

   Estas mesmas fontes non descartan que se produzan novas detencións no marco deste operativo no que colaboran as Comandancias de Málaga e tamén de Lugo.

   En concreto, a detención levouse a cabo na madrugada deste xoves nunha vivenda na que o arrestado residía con outros membros da súa familia, na que, entre outros efectos, foron intervidas armas.

   Fontes próximas á investigación puntualizaron que esta operación "segue aberta" e decretouse o segredo de actuacións.