Dous feridos nun accidente de tráfico en Vimianzo (A Coruña)

Publicado 11/09/2019 10:23:07CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Sep. (EUROPA PRESS) -

Dúas persoas resultaron feridas á primeira hora deste mércores nun accidente de tráfico que tivo lugar no municipio coruñés de Vimianzo.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 6,30 horas á altura do quilómetro 7,4 da AC-432, ao seu paso por Vimianzo, onde chocaron dous turismos.

Até a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Cee e de Protección Civil da localidade. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e do persoal de mantemento da estrada.

Os Bombeiros tiveron que intervir para liberar a un dos condutores, que quedara atrapado no vehículo. Ambos feridos foron trasladados a un hospital polo 061.

Contador