26M.- Errejón di que Cs é "sectario e ten a mente estreita": "Votar a Cs é votar a Vox"
MÁS MADRID
Publicado: miércoles, 22 mayo 2019 11:24

MADRID / SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 May. (EUROPA PRESS) -

O candidato de Más Madrid á Comunidade de Madrid, Íñigo Errejón, mostrouse este martes favorable ás doazóns que o empresario Amancio Ortega realiza á sanidade pública. "Se alguén quere doar algo que axuda a curar, paréceme ben", explicou.

Nunha entrevista na Cadea SER, recollida por Europa Press, Errejón discrepou da posición fixada pola candidata de Unidas Podemos na capital, Isabel Serra, e do líder dos morados, Pablo Iglesias.

A formación liderada por Iglesias criticou o pasado domingo que Ortega fixese doazóns á sanidade pública en forma de equipos de diagnóstico e tratamento para loitar contra o cancro mentres que Inditex "esquiva e elude" impostos.

Para Errejón, non existe "a menor contradición" en aceptar as doazóns dun particular e esixir que as normas se cumpran para que "os máis ricos paguen o que lles toca". "As dúas á vez", insistiu.

Así, o candidato de Más Madrid marcou distancias con Serra, que sostén que a sanidade "é un dereito que debe garantirse todos os días e que non pode depender da caridade, do humor ou a bondade coa que se levanten os multimillonarios".

"En política hai que ser pragmáticos. Hai que ser firme en dicir que o mais ricos teñen que pagar o que deben. Eu quero que se cumpran as normas e, se por encima diso alguén quere achegar, benvido sexa", remachou Errejón.

Más noticias