Falece o condutor dun turismo após chocar contra un camión en Sarria (Lugo)

Publicado: lunes, 24 junio 2019 19:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un home faleceu este luns nun accidente de circulación rexistrado en Sarria, no que chocaron un coche e un camión.

O sinistro produciuse na CG-2.2, sobre as 18,25 horas, e foi necesario cortar o tráfico na vía en ambos os sentidos da circulación e desviar aos vehículos pola saída do Oural.

Un home e único ocupante do turismo perdeu a vida no choque. Desde o 112 Galicia deuse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Sarria, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e o servizo de mantemento da vía.