Publicado 15/09/2020 16:54:29 +02:00CET

Feijóo trasládalle ao Rei que "a Sanidade seguirá sendo prioridade" e pídelle "axuda" para ampliar o Xacobeo

O Rei Felipe VIN (i) recibe en audiencia ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con motivo da súa recente reelección. No Palacio da Zarzuela, Madrid, (España), a 15 de setembro de 2020.
Casa de S.M. el Rey

Defende que Galicia segue loitando "con bastante eficacia" contra a pandemia de COVID

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Sep. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este martes ao Rei Felipe VI sobre a evolución da pandemia de coronavirus en Galicia, onde "a Sanidade seguirá sendo unha prioridade", e pediulle a súa "axuda" para ampliar a celebración do Ano Santo Xacobeo debido ás dificultades pola crise sanitaria.

Así o manifestou, en declaracións aos medios após a reunión mantida co monarca no Palacio da Zarzuela, con motivo da súa reelección como presidente do goberno galego.

Núñez Feijóo informoulle a Felipe VI de que Galicia "segue loitando, con bastante eficacia" contra a pandemia, e lembrou que a porcentaxe de camas hospitalarias ocupadas con pacientes COVID nesta comunidade é do 3 %, fronte á media nacional, do 8,5 %. Así mesmo, apuntou que a porcentaxe de uso de camas de UCI e de unidades de hospitalización é entre un 80 e un 85 % menos que durante o peor da primeira onda de contaxios, tendo agora un número de casos activos similar.

O presidente galego tamén incidiu na baixa taxa de contaxios por cada 100.000 habitantes en Galicia, e na baixa porcentaxe de afectados as residencias de maiores (un 1,1 % dos usuarios), á vez que sinalou que, xunto con Asturias e, nalgúns parámetros, con Andalucía, a comunidade galega está entre as que ten "menor impacto e maior control" da situación sanitaria.

Por outra banda, puxo en valor o traballo do comité clínico do Sergas, "con 35 profesionais con nomes e apelidos" de áreas como Epidemioloxía, Medicina Preventiva, Urxencias, ou Microbioloxía, que son "a chave do rigor co que se tenta xestionar a pandemia". "Fórono desde o 27 de febreiro, cando constituímos a comision interdepartamental do COVID no goberno; fórono desde o 1 de marzo, que empezamos a comprar respiradores e evitamos o colapso das UCI, e ségueno sendo porque todos mércores nos reunimos para tomar decisións", engadiu.

A SANIDADE, UNHA "PRIORIDADE"

Neste escenario, o titular do Executivo galego trasladou a Felipe VI que configurou un goberno "centrado en paliar os efectos da pandemia, cun compoñente social e económico moi importante". "A Sanidade seguirá sendo unha prioridade", proclamou Feijóo, quen reiterou que o seu obxectivo é que "o cento por cento" dos galegos teñan un centro de saúde ou hospital de referencia "novo ou ampliado".

En todo caso, o presidente da Xunta reiterou que "se debe contextualizar a pandemia con datos" e repetiu que, pese ao número de novos contaxios diarios en España, "as claves son os hospitalizados e a ocupación da UCI". "Agora estamos nunha media do 8,5 % de ocupación de camas, son parámetros que podemos xestionar", afirmou.

PETICIÓNS AO MONARCA

Ademais da situación da pandemia en Galicia, Feijóo abordou con Felipe VI outros "temas que interesan aos galegos", como "os problemas de Alcoa, das Pontes" ou os proxectos 'tractores' cos que a Xunta pretende optar aos fondos europeos de reconstrución postCOVID.

Nesa liña, e "dado que o Rei é embaixador vitalicio do Camiño de Santiago", o presidente da Xunta pediulle a Felipe VI a súa "axuda" para ampliar a celebración do Xacobeo até xullo de 2022. A ese respecto, lembrou que, coa actual crise sanitaria, "hai dificultades para peregrinar e celebrar o Ano Santo, que empezará o 1 de xaneiro de 2021".

Contador

Lo más leído

  1. 1

    Batman Day: Spotify crea la lista de reproducción perfecta para celebrar el Día de Batman

  2. 2

    Paula Echevarria, la mami más fashion en la vuelta al cole de Daniella

  3. 3

    La Reina Letizia enamora, con un sencillo look, en la inauguración de una exposición sobre Miguel Delibes

  4. 4

    Enrique Ponce y Ana Soria, pillados paseando en Nimes de lo más enamorados

  5. 5

    Rocío Flores estalla en directo y entra en 'Sálvame' para defender a su familia