Ferida leve unha muller nunha saída de vía na AP-9 ao seu paso por Oroso (A Coruña)

Publicado: miércoles, 2 octubre 2024 10:21

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Unha muller resultou ferida de leve consideración após sufrir unha saída de vía o coche no que viaxaba na mañá deste mércores na autoestrada AP-9 á altura de Oroso (A Coruña).

   Segundo informou o CIAE 112, o sinistro produciuse ás 09,40 horas deste luns no quilómetro 52 da autoestrada en sentido Santiago.

   Até alí mobilizáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061 para atender á muller, que sofre feridas leves. Tamén foron alertados Protección Civil, Policía Local e bombeiros.

Contador