Ferida unha muller por arma branca en Vigo e detido un home

Publicado 08/11/2019 09:18:05CET

   VIGO, 8 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Unha muller resultou ferida este venres por arma branca na cidade de Vigo, polo que foi evacuada a un centro hospitalario, e un home foi detido supostamente en relación con estes feitos.

   Segundo informaron fontes de emerxencias, ás 7,50 horas deste venres o 112 recibiu o aviso dunha muller ferida por arma branca á altura do número 7 da rúa Vázquez Varela na cidade olívica.

   Por iso, o CAE 112 avisou a persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Nacional, Policía Local e á Policía Autonómica.

   Fontes consultadas por Europa Press manifestaron que o apuñalamento se produciu nun domicilio após o que a muller baixou á rúa polo seu propio pé e un veciño que a viu alertou a emerxencias.

   Posteriormente foi detido un home cun casco posto que saíra do edificio e ía abandonar a zona nunha motocicleta, confirmaron as mesmas fontes.

Contador