Feridas dúas persoas tras caerse dun patinete eléctrico en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Publicado: viernes, 5 junio 2020 13:08

PONTEVEDRA, 5 Jun. (EUROPA PRESS) -

Dúas persoas resultaron feridas ao caer dun patinete eléctrico na mañá deste venres no termo municipal de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, este accidente tivo lugar sobre as 12,00 horas na Avenida da Marina, á altura do número 124, no parque Miguel Hernández.

Despois de ter coñecemento do sucedido a través dunha persona particular, o CIAE 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, aos Bombeiros do Salnés e ao Servizo de Emerxencias e Protección Civil da localidade.

As mesmas fontes sinalaron que a condutora do patinete eléctrico foi trasladada a un centro sanitario nunha ambulancia.