Ferido un operario na Pobra tras romper a plataforma sobre a que traballaba

Publicado 11/10/2018 13:39:26CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Oct. (EUROPA PRESS) -

Un operario resultou ferido este xoves no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal, ao caer tras romper a plataforma sobre a que estaba a traballar.

Segundo informou o Centro Integral de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 10,00 horas no lugar do Freixo, en Posmarcos. O home realizaba traballos de pintura nun inmoble cando cedeu a plataforma sobre a que estaba.

Até o lugar desprazáronse de inmediato os servizos sanitarios de urxencia, que pediron a mobilización do helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou ao ferido. Tamén participaron efectivos de Policía Local e de Protección Civil.