A folga en Alcoa buscará que non salga "nin unha pinga de aluminio da fábrica"

Trabajadores de Alcoa convocados en el Pazo de Cea horas después de la finalización de una mesa de negociación con la empresa, en Nigrán, Pontevedra, Galicia (España), a 28 de septiembre de 2020.
Marta Vázquez - Europa Press
Publicado: miércoles, 30 septiembre 2020 16:56

O comité espera unha reunión coas administracións, á espera de que dean cunha alternativa para evitar o despedimento colectivo

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Sep. (EUROPA PRESS) -

O comité de empresa de Alcoa en Cervo (Lugo) fixouse como obxectivo coa folga indefinida convocada a partir deste domingo 4 de outubro que non salga "nin unha pinga de aluminio da fábrica".

En declaracións a Europa Press, o seu presidente, José Antonio Zan, informou de que este mércores mantiveron a primeira reunión para negociar os servizos mínimos.

"Non se presentou a dirección nin lles vimos as caras, é dunha falta de principios total", criticou, sobre un encontro que levou a cabo por videoconferencia.

Neste escenario, a meta que se marca a representación dos traballadores é que "non se vai vender nin unha pinga de aluminio", que tratarán de impedir que salga da planta.

Desde este martes, o comité instalou senllas carpas ás portas das instalacións e avisou de que permanecerán aí "as 24 horas do día", con persoal do comité e representantes tamén das empresas auxiliares. Están a percibir "moito apoio por parte da xente", destacou Zan.

Así as cousas, pretenden que a folga afecte á saída do produto pero que nin as cubas de electrolisis nin a outra planta paren, para o que a súa intención é reducir o persoal da factoría e que "o que se produce non sae". "Se lles vale, ben, e se non tamén", avisou o presidente do comité. "O obxectivo é ir contra Alcoa, evitar que saque o diñeiro da nosa fábrica", incidiu.

Este xoves volverán citarse coa empresa para avanzar na negociación das condicións da folga e Zan indicou que esperan poder concretar unha reunión "urxente" coa Xunta nos próximos días, á espera de que as administracións dean cunha alternativa para evitar que Alcoa, como así o dixo, materialice o despedimento colectivo na Mariña.

MÁIS DE 15 DÍAS

Para a aplicación deste despedimento colectivo, a multinacional estadounidense ten 15 días, aínda que José Antonio Zan precisa que aínda os traballadores poden "pedir unha cautelar".

Ademais, incide en que "non vai haber traballador que se suicide" e que acceda a parar as cubas, proceso para o que estima necesario un grupo de entre 40 e 50 persoas e un prazo duns 120 días.