Publicado: viernes, 27 marzo 2020 23:03

   A CORUÑA, 27 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Un home de 72 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e que tiña patoloxías previas é o sétimo home morto este venres con coronavirus en Galicia, onde o balance de vítimas alcanza o medio cento.

   Este venres faleceron outros seis homes, entre eles o exconselleiro Dositeo Rodríguez, que tiña 84 anos de idade e estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus), o mesmo centro no que estaba outro falecido, de 71 anos.

   Tamén morreron nesta xornada un home de 90 anos ingresado no Montecelo de Pontevedra, outro de 74 anos que era atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf), outro de 50 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e un ancián de 96 anos que vivía nunha residencia de maiores en Castro Caldelas (Ourense).

   O xoves, a xornada que até o momento deixou máis mortes relacionadas co COVID-19 en Galicia, faleceron un total de dez persoas: oito homes e dúas mulleres, todos eles tamén con patoloxías previas.

   En concreto, morreron dous homes de 84 e 97 anos de idade ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac); outro de 63 que estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo) e outro 81 anos que era asistido no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra.

   Tamén morreron un home de 74 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, outros dous de 87 anos ingresados no Complexo Hospitalario de Ferrol (Chuf) e no Hospital Policlínico A Rosaleda, e outro de 57 que era atendido no Álvaro Cunqueiro de Vigo.

   Pola súa banda, no Policlínico A Rosaleda morreu unha muller de 89 anos e no Chuac outra de 72 anos.

   O mércores faleceron seis homes, un deles sen patoloxías previas destacadas, que tiña 84 anos de idade e estaba ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira, do municipio coruñés de Cee.

   Ademais, morreron dous homes de 82 anos de idade ambos e outro de 81 anos, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac); outro home de 74 que era atendido no Hospital Montecelo de Pontevedra e outro home de 63 anos que estaba no Hospital Universitario de Ourense.

   Na xornada do martes producirase a morte de cinco homes e dúas mulleres, todos con patoloxías previas.

   En concreto, o martes faleceron dous homes de 61 e 92 anos de idade e una muller de 83 que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac); un home de 78 años que permanecía no Hospital Lucus Augusti de Lugo; outro varón de 90 que era asistido no Complexo Hospitalario de Ourense (Chuo); unha muller de 91 años de idade que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) e un varón de 83 anos que estaba ingresado no Hospital da Costa, no municipio lucense de Burela.

   A xornada do luns morreron dous homes en relación á pandemia de COVID-19: un de 69 anos de idade que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) e outro de 81 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Ambos presentaban patoloxías previas.

VÍTIMAS DA SEMANA PASADA

   Durante a xornada do domingo faleceron en Galicia cinco persoas en relación á epidemia de coronavirus, entre elas dúas mulleres de 92 e 77 anos de idade na área de Ferrol, a primeira ingresada no Chuf e a segunda no Hospital Juan Cardona. Ambas tamén presentaban patoloxías previas.

   Tamén faleceron durante a xornada do domingo outras tres persoas: unha muller de 90 anos que estaba hospitalizada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Chuo), un home de 72 anos que se atopaba no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez de Pontevedra e unha muller de 84 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus).

   Pola súa banda, na xornada do sábado 21 de marzo rexistráronse catro mortes relacionadas coa pandemia: unha muller de 68 anos e tres homes de 93, 81 e 74 anos, respectivamente, todos eles ingresados no Chuac e con patoloxías crónicas previas.

   Así mesmo, o venres rexistráronse catro falecidos: dous homes de 70 e 79 anos, respectivamente, tamén ingresados no Chuac; así como unha muller de 93 anos que estaba ingresada no Chuo; e un home de 89 anos de idade que estaba no Hospital de Monforte (Lugo). Todos presentaban tamén varias patoloxías previas.

OUTRAS VÍTIMAS

   O xoves coñeceuse o falecemento da quinta vítima mortal, un home de 75 anos que tamén estaba ingresado no Chuac e que presentaba varias patoloxías crónicas previas. Pola súa banda, a cuarta morte rexistrouse o mércores 18 de marzo, xornada na que faleceu un home de 72 anos tamén ingresado na Coruña.

   Previamente, a terceira vítima mortal en Galicia foi un home de 45 anos de idade que contaba, así mesmo, con patoloxías previas e que tamén estaba ingresado no Chuac.

   Antes faleceu un home de 81 anos con varias patoloxías, ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, mentres que a primeira morte en Galicia foi a dunha muller de 92 anos, con múltiples patoloxías previas, que estaba ingresada no centro de Povisa, en Vigo.

Más noticias