Publicado 30/09/2020 21:13CET

Galicia presenta por carta unha queixa formal a Celaá por manter a promoción de curso sen ter en conta os suspensos

Fotos Xunta /Educación /Videoconferencia Atencion A Diversidade.
Xunta de Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Sep. (EUROPA PRESS) -

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, elevou este mércores unha queixa formal á ministra do ramo, Isabel Celaá, en rexeitamento á decisión do Goberno central de manter que un alumno poida promocionar de curso sen que se teña en conta o número de materias suspensas.

Na misiva, Rodríguez censura que esta medida "rompe" coa igualdade de oportunidades para o alumnado e "mingua a calidade educativa", e lamenta "a falta de información" por parte do departamento estatal "nun asunto de tanta transcendencia".

"Desprestixia a propia educación e o traballo de docentes e familias, vai en contra da cultura do esforzo e é profundamente antiequitativo", insistiu o conselleiro galego, que alerta do risco de crear desigualdades en función do lugar de residencia e de xerar "inseguridade xurídica e confusión normativa".

Neste sentido, a comunidade galega traballará para que o sistema educativo "Nos e vexa afectado por unha normativa estatal que desprestixia a calidade" do mesmo.

Contador