Galicia prevé arrincar o sábado 8 de outubro a vacinación masiva co reforzo a maiores de 85 anos

Archivo - Arquivo - Un sanitario administra a primeira dose da vacina AstraZeneca contra a COVID-19 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 11 de marzo de 2021. Galicia iniciou hoxe a vacinación de persoas entre 50
César Arxina - Europa Press - Archivo
Publicado: jueves, 29 septiembre 2022 19:00

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este xoves que "a previsión" do Servizo Galego de Saúde (Sergas) é acabar coa administración da cuarta dose da vacina contra a covid-19 en residencias o vindeiro venres, 7 de outubro, polo que o sábado 8 se empezaría xa cos maiores de 85 anos nos chamados 'vacinódromos'.

   Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego, Rueda destacou que "a día de hoxe", a xoves 29 de setembro, en torno ao 50 por cento dos usuarios de centros de maiores xa foron inoculados co reforzo, que inclúe protección contra as variantes BA4 e BA5 da ómicron.

   De feito, o presidente celebrou a "moi boa acollida" que está a ter a cuarta dose contra a covid e tamén a vacina da gripe, que se pon de maneira conxunta.

   Así, segundo trasladoulle o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, "a previsión é acabar o día 7" coas residencias e empezar coa poboación en xeral --primeiro, os maiores de 85 anos-- a partir do sábado 8 nos recintos masivos.