Guillerme Vázquez (BNG) declina "dar consellos" a José Blanco e cree que "deberá decidir o que considere oportuno"

Guillerme Vázquez En Declaraciones A Los Medios En Santiago
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 7 noviembre 2011 14:30

SANTIAGO DE COMPOSTELA 7 Nov. (EUROPA PRESS) -

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, rexeitou este luns "dar consellos" ao ministro de Fomento, José Blanco, sobre a súa continuidade no cargo, despois das informacións feitas públicas sobre a súa implicación no coñecido como 'Operación Campéon', e considerou que "deberá tomar as decisións que considere oportunas".

"Xa o dixen noutras ocasións, non lle teño que dar consellos a ninguén, cada un fará o que considere conveniente. E dende logo, dende a presunción de inocencia", manifestou en declaracións aos medios ao ser preguntado polo contido da exposición razoada que a xuíza Estela San José, instrutora da 'Operación Campeón', remitiu ao Tribunal Supremo e que, segundo revela 'El Mundo', incluiría chamadas e mensaxes telefónicas que demostrarían supostos favores de José Blanco a empresarios afíns.

Neste sentido, Guillerme Vázquez concluíu que, "a partir de aí, cada grupo político, cada persoa, deberá tomar as decisións que considere oportunas".

Contenido patrocinado