A investigación apunta a unha morte accidental no caso do home achado flotando en Ribeira (A Coruña)

Publicado 12/07/2019 09:49:31CET

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A investigación aberta pola Policía Nacional apunta a unha morte accidental no falecemento do home achado flotando xunto ao peirao de Aguiño no municipio de Ribeira (A Coruña).

   Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que indicaron que unha muller viu flotando ao home, un veciño de Ribeira de 64 anos, sinalaron as mesmas fontes.

   As pescudas apuntan a que o home "fora recoller unhas nasas, escorregou e caeu", destacaron as mesmas fontes en relación á posible causa da morte.

FEITOS

   O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso sobre a medianoite a través da chamada de alerta dun veciño. Após iso, pediu a colaboración das forzas da orde e dos membros do grupo local de emerxencias co fin de rescatar o corpo da auga.

   Ademais, os feitos puxéronse en coñecemento dos equipos de Salvamento Marítimo, que dispuxeron a embarcación 'Salvamar Sargadelos' para recuperar o corpo. Finalmente foron axentes da Policía Nacional os que sacaron o cadáver da auga.

Contador