O investimento do Estado cae en Galicia un 19% en 2019 até 757 millóns

María Jesús Montero, Ana Pastor e Francisco da Torre, cos PGE 2019
EUROPA PRESS
Actualizado 14/01/2019 14:13:33 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Ene. (EUROPA PRESS) -

O investimento do Estado en Galicia sitúase en 757,1 millóns de euros en 2019, o que supón unha caída do 19% respecto dos 936,8 millóns de euros orzados para 2018, segundo o proxecto presentado este luns pola ministra de Facenda, María Jesús Montero.

Galicia é a comunidade con maior caída, xa que perde tres puntos de investimento, seguida polos dous puntos que baixa Madrid. En cambio, as máis favorecidas son Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana, con senllos crecementos de 3,5 puntos, 3 e 2,5 puntos con respecto a 2018.

Deste xeito, Galicia cae ao sexto posto entre comunidades en canto a dotación orzamentaria nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2019, cun 6,2% do total, fronte ao 9,2% que tiña nos de 2018. Ocupaba o quinto posto entre autonomías nos de 2018 e chegou a ter o terceiro lugar nos de 2016.

Contador