Publicado 01/08/2020 13:39:34 +02:00CET

Máis de 2.800 fogares galegos con dificultades económicas acceden á tarxeta para comprar bens básicos

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Un total de 2.846 fogares galegos con dificultades económicas accederon no último mes á tarxeta básica para a compra de alimentos, produtos de hixiene e de farmacia, dotada con entre 150 e 300 euros ao mes, posta en marcha en colaboración entre a Xunta e Cruz Vermella.

   A Consellería de Política Social indicou este sábado nun comunicado que, cumprido o primeiro mes da súa implantación, a Xunta concedeu axudas para o próximos tres meses por valor de case dous millóns de euros.

   De inicio, a tarxeta actívase por tres meses (o que supón que as axudas van de 450 a 900 euros inicialmente) e recárgase mes a mes de forma automática, explicou o Goberno galego, que detallou que a contía depende do número de membros do núcleo familiar e que, até agora, o 40 por cento son para familias de tres ou máis persoas, con 300 euros mensuais.

   Outro 35 por cento son para familias dunha única persona, con 150 euros, e o 25 por cento restante, para fogares con dúas persoas, con 200 euros de saldo ao mes.

   Deste xeito, as persoas que se benefician desta medida son ao redor de 6.000 en Galicia. A iniciativa forma parte do plan de recuperación social aprobado pola Xunta para atender ás necesidades "máis urxentes" derivadas da COVID-19.

   As tarxetas pódense pedir nas sedes comarcais da Cruz Vermella ou a través dos servizos sociais dos concellos. O tempo medio de espera para recibila é de tres días, indicou a Xunta, que destacou que, co fin de evitar estigmas, as persoas con baixos ingresos pódense beneficiar desta axuda de forma anónima.

Contador

Lo más leído

  1. 1

    Doloroso último adiós a Humberto Janeiro con dos sonadas ausencias

  2. 2

    El PP suspende de militancia a los dos detenidos por torturar hasta la muerte a un gato en Manacor

  3. 3

    Transforman agua de mar en agua potable segura y limpia en menos de 30 minutos usando luz solar

  4. 4

    La Xunta plantea prohibir fumar al caminar por la calle o en terrazas si no hay distancia de seguridad

  5. 5

    Filtrado el oscuro título de Spider-Man 3