Morre un home no Incio (Lugo) ao sufrir un accidente cun tractor

Publicado: miércoles, 20 febrero 2019 19:21

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Un home faleceu este mércores despois de sufrir un accidente de tractor nunha leira da súa propiedade, situada no municipio lucense do Incio.

   Segundo informou o Centro Integral de Atención as Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 16,30 horas no lugar de Airexe.

   Após recibir o aviso de mans da central de emerxencias, unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 desprazouse ao lugar pero non puido facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no punto.

   As primeiras investigacións apuntan a que a vítima quedou atrapada pola máquina que arrastraba o tractor que manexaba.