Morre o primeiro tenente de alcalde de Catoira atropelado cando repartía pan

Actualizado: miércoles, 23 enero 2019 11:13

PONTEVEDRA, 23 Ene. (EUROPA PRESS) -

O concelleiro socialista e primeiro tenente de alcalde de Catoira (Pontevedra), Eduardo Touriño Criado, de 46 anos de idade, faleceu este mércores após ser atropelado cando repartía pan.

Segundo informaron a Europa Press fontes municipais e do 112 Galicia, o atropelo tivo lugar sobre as 9,15 horas deste mércores no lugar de Corredoira de Abaixo na Avenida de Ponche, á altura do número 57.

Fontes municipais relataron que este edil do PSOE, que tiña competencias no departamento de Obras, foi atropelado por un camión cando repartía pan.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial, así como o equipo sanitario de Catoira e unha ambulancia medicalizada, pero o persoal sanitario unicamente puido confirmar o falecemento no lugar do concelleiro.