Morre un septuaxenario despois de envorcar o tractor que conducía en Santiago

Actualizado 13/08/2019 12:50:36 CET

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Un home de 74 anos de idade faleceu este martes despois de envorcar o tractor que conducía nunha leira en Aríns, no termo municipal de Santiago de Compostela.

   Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, ao lugar do sinistro acudiu persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros, axentes da Policía Local e de Policía Nacional.

   Após ter constancia do sinistro sobre as 11,05 horas, sinalaron fontes sanitarias a Europa Press, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada cuxo persoal confirmou o falecemento do home, A.M.F., de 74 anos.

Contador