Morren dous motoristas após chocar contra un turismo en Monforte de Lemos (Lugo)

Publicado: viernes, 16 agosto 2019 19:22

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Ago. (EUROPA PRESS) -

Dous motorista faleceron nun accidente de tráfico no que se viron implicados o seu vehículo e un turismo cando circulaban pola LU-903, ao seu paso pola parroquia de Santo Acisclo, no concello lucense de Monforte de Lemos.

O 112 tivo constancia do sinistro ás 17,15 horas deste venres. A esa hora, os profesionais sanitarios comunicaban ao centro de emerxencias un accidente rexistrado na estrada que une as localidades de Monforte e Castro Caldelas.

Deseguido, o 112 solicitou a colaboración dos Bombeiros de Monforte, dos axentes de Tráfico e Policía Local e Protección Civil da localidade.

A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia desprazados até ao lugar, nada puideron facer por salvar a vida dos motoristas.