Publicado 16/09/2020 18:37:16 +02:00CET

A nova dona das fábricas do Xallas aplicará un ERTE en Cee e Dumbría

Fábrica de Ferroatlántica en Cee
REMITIDA - Archivo

As plantas de Cee e Dumbría tiñan 285 empregados pero o comité denuncia que o número vai en descenso ao non cubrirse xubilacións

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Sep. (EUROPA PRESS) -

A nova dona das fábricas do Xallas (con anterioridade Ferroatlántica e propiedade do grupo de Villar Mir) comunicou aos traballadores a súa intención de aplicar un expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) debido ás actuais condicións do mercado.

Así o indica o presidente do comité de empresa, Alfonso Mouzo, en declaracións a Europa Press, após manter unha reunión con responsables da compañía na mañá deste mércores.

"Reunirémonos, faremos asembleas, pediremos unha reunión coa Xunta e convocaremos concentracións", avanzou o representante do cadro.

As plantas de Cee e Dumbría foron compradas polo fondo americano TPG en agosto do ano pasado e este cambioulles o nome de Ferroatlántica polo de Xallas Electricidade e Aliaxes (Xeal).

DESPOIS DOUTRO ERTE POLA COVID

De marzo a xullo, as factorías estiveron en ERTE debido á situación de alerta sanitaria pola pandemia da covid-19, pero agora, segundo Mouzo, a propietaria alega que "baixou o mercado" para aplicar un ERTE que foi negociado hai meses en Madrid coas centrais de carácter estatal, que "estaba en vigor" e que "non se aplicou".

O cadro ascendía a 285 traballadores repartidos entre Cee (con máis empregos porque dispón de tres fornos e oficinas de administración, laboratorio, etcétera) e Dumbría (onde hai dous fornos), pero o presidente do comité lamenta que agora son menos posto que a nova dona "non cobre xubilacións e está a reducir a actividade industrial de forma drástica".

Con todo, á súa chegada, nas negociacións previas á compra das factorías, o fondo anunciou "que ía facer investimentos", segundo lembra o presidente do comité. "Xa ven as intencións", criticou.

Contador

Lo más leído

  1. 1

    Detenida en Jaén una menor acusada de dar una paliza a otra mientras todo era grabado y difundido por redes

  2. 2

    Un hombre mata a un niño de tres años en Santiago de Compostela

  3. 3

    Sanidad decreta medidas especiales contra el COVID en Valmojado, Cebolla y La Puebla de Montalbán

  4. 4

    Los restos humanos hallados en Santander pertenecen a la mujer desaparecida en Ciudad Real

  5. 5

    El Congreso debate el control a las VTC frente al taxi y si hacen falta nuevas sanciones