Os aeroportos de Santiago e A Coruña gañan pasaxeiros en maio mentres caen un 10% en Vigo

TURISMO.- Os aeroportos galegos gañaron case 50.000 pasaxeiros até maio e superan o millón e medio de usuarios
EUROPA PRESS - Archivo
Publicado: miércoles, 12 junio 2019 15:05

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Os aeroportos da Coruña (+10,8%) e Santiago de Compostela (+7%) gañaron pasaxeiros no mes maio, o que contrasta coa caída dun 10% en Vigo.

   No caso de Peinador, sofre a segunda maior caída do Estado no mes de maio, só superada por Forteventura (-11,2%), de forma que queda en 89.185 pasaxeiros. No acumulado do que vai de ano --entre xaneiro e maio-- a terminal de Vigo contou con 405.112 viaxeiros, un 2,7% menos que no mesmo período de 2018.

   Na cidade olívica, as operacións baixaron un 5,9% e situáronse preto de baixar do milleiro no mes de maio. No tocante a mercadorías, no quinto mes caeron un 61%, á vez que no acumulado é de 16,9% ese descenso.

   Pola súa banda, no aeroporto de Santiago rexistrou en maio máis de 263.000 pasaxeiros, un 7% por cento máis que no mesmo mes do ano anterior. Aquí rexistráronse 1.997 voos (+2,5).

   No acumulado do cinco primeiros meses Lavacolla pasa do millón de viaxeiros (+3,4%). Pola súa banda, en maio houbo un incremento do 3,7% nas toneladas de mercadorías.

   Respecto de Alvedro, houbo 108.000 pasaxeiros en maio, son un 10,8% máis na comparativa interanual. Na suma do cinco primeiros meses van 477.863 usuarios (+8,6%).

   A terminal coruñesa rexistrou en maio un avance do 6,7% nos voos até un total de 1.566. Pola súa banda, moveu neste mes máis de doce toneladas de mercadorías.