Os prezos baixan dúas décimas en xuño en Galicia e a taxa anual descende ao 0,3%

Publicado 12/07/2019 10:43:07CET
EPDATA

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou dúas décimas en xuño en Galicia en relación co mes anterior, unha menos que no conxunto estatal (-0,1%), de modo que a taxa interanual situouse no 0,3%.

   De acordo cos datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE), o IPC na Comunidade galega situouse na súa taxa anual máis baixa desde comezos de 2019. Pola súa banda, no que vai de ano os prezos subiron un 0,2% en Galicia.

   A nivel estatal, o Índice de Prezos de Consumo baixou un 0,1% en xuño en relación ao mes anterior e recortou catro décimas a súa taxa interanual, até o 0,4%, o seu nivel máis baixo en case tres anos.

Contador