Os prezos galegos comezan 2020 cunha subida interanual do 1,2%

Variación do IPC
EPDATA
Publicado: viernes, 14 febrero 2020 10:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou un 1,1% en xaneiro en relación co mes anterior, pero increméntanse de forman interanual un 1,2%, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este avance en Galicia en xaneiro respecto ao primeiro mes de 2019 supón unha décima máis do aumento a nivel estatal, que é do 1,1%. Deste xeito, o IPC arrinca 2020 dúas décimas por encima do que subiron este ano as pensións (0,9%).

Estatística atribuíu o repunte da taxa interanual do IPC de xaneiro á subida dos prezos da electricidade, do vestido e o calzado, e dos alimentos e bebidas non alcohólicas, especialmente do peixe e marisco.