Os termómetros superan os 28ºC nas primeiras horas en Cedeira e A Coruña

Día de sol en Santiago de Compostela
EUROPA PRESS - Archivo
Actualizado: viernes, 23 agosto 2019 10:42

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Os termómetros superaron os 28 graos centígrados nas primeiras horas da mañá deste venres en localidades coruñesas como Cedeira, con 28,7C, e A Coruña, con 28,1C, após alcanzar o xoves os 38,3C o municipio de Arnoia (Ourense).

   Así consta nos rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, nunha xornada na que a zona de Ourense ten aviso de risco por temperaturas altas.

   Na tarde do xoves o municipio de Leiro alcanzou os 37,3C, mentres que na cidade de Ourense os termómetros chegaron aos 37,2C e aos 37C en Castrelo de Miño, na mesma provincia.

   Mentres, até as 10,00 horas deste venres, ademais de Cedeira e A Coruña, outros puntos da provincia da Coruña rexistraron temperaturas significativas como Arteixo (27,6C) e Carnota (27,6C).

   Tamén o municipio pontevedrés das Neves alcanzou os 27,7C ás 10,00 horas deste venres.