7 de Xuño de 2020
 
Publicado 22/05/2020 14:29:06 +02:00CET

Os usuarios de residencias galegas con COVID baixan a 73, por baixo dos traballadores afectados

Os xeriátricos rexistran nas últimas horas a alta de 15 maiores e 4 traballadores

VIGO, 22 May. (EUROPA PRESS) -

O número de usuarios de residencias de maiores con coronavirus baixou nas últimas horas a 73 (15 casos activos menos), e sitúase por baixo da cifra de traballadores de xeriátricos afectados, que pasou de 79 a 75, segundo os datos trasladados este venres pola Consellería de Política Social.

Nas últimas horas recibiron a alta 5 maiores da residencia Orpea de Culleredo, 3 da residencia Concepción Arenal da Coruña, outros 3 da DomusVi Matogrande, 2 da residencia Santa Teresa Jornet, e 2 do centro residencial As Fragas de Pontedeume.

Así mesmo, tamén se recuperaron un traballador da residencia Concepción Arenal, un de DomusVi Matogrande, outro da residencia de maiores de Castro Caldelas e un da residencia Os Miragres de Barbadás.

Após a última actualización, a residencia Santa Teresa Jornet segue sendo, con 21 casos, en centro xeriátrico máis afectado. Séguenlle Caser A Zapateira, con 8 casos; e San José Hermanitas de Ourense, con 6 casos; mentres que en Divino Maestro de Ourense hai 5 casos, en DomusVi Matogrande e no Portazgo hai 4 casos en cada unha, e en Nuestra Señora de la Esperanza hai 3 usuarios positivos.

No resto de residencias de maiores afectadas, os casos de usuarios con coronavirus redúcense a 1 ó 2, incluídos os dous centros intervidos pola Xunta, DomusVi Barreiro de Vigo e DomusVi de Cangas, con dous casos cada unha.

Con respecto aos traballadores de centros xeriátricos, o maior número de casos positivos está nos 13 da residencia Nuestra Señora de la Esperanza. Hai 8 casos na residencia Divino Mestre, e 6 casos tanto en Santa Teresa Jornet e como en DomusVi de Cangas.

CENTROS DE DISCAPACITADOS

Nos centros de atención a persoas discapacitadas de Galicia, o número de usuarios con coronavirus mantense en 27, e os centros DomusVi de Bóveda e o CAPD da Coruña seguen sendo os máis afectados, con 10 e 9 casos respectivamente.

O maior número de traballadores afectados destes centros correspóndese ao CAPD da Coruña, con 5 casos, mentres que na residencia DomusVi de Bóveda hai 3 empregados positivos por COVID.

Contador

Lo más leído

  1. 1

    Portugal suspende de nuevo la actividad no urgente en los hospitales por casos de coronavirus

  2. 2

    Jordi Mestre muere, a los 38 años de edad, tras un trágico accidente

  3. 3

    Visitas a residencias, reapertura de coles y más oferta de transporte en Madrid con fase 2

  4. 4

    Portugal registra su mayor nivel de contagios e ingresos hospitalarios en casi un mes

  5. 5

    Muere el actor Jordi Mestre en un accidente de moto