Dúas mulleres protexidas con máscaras pasean xunto á Praia da Rapadoira en Foz, na comarca da Mariña, Lugo, Galicia (España), a 9 de xullo de 2020. O pasado 5 de xullo a Xunta ordenou o peche até mañá 10 de xullo
Carlos Castro - Europa Press
Publicado: viernes, 10 julio 2020 14:01

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería de Sanidade e o Sergas levantaron a restrición de movementos en sete municipios da Mariña lucense, onde se rexistra un brote de COVID-19 con 182 casos activos, mentres restrinxe ao ámbito do seu propio termo municipal os desprazamentos en Burela salvo excepcións.

   Así o anunciaron este venres o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e membros do comité clínico nunha rolda de prensa na que explicaron que O Vicedo, Ourol, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada e O Valadouro "quedan totalmente libres" para moverse fóra dos seus termos municipais.

   Pola súa banda, Almuíña e os integrantes do comité clínico concretaron que Burela representa "un punto quente", polo que se lle restrinxe no próximos cinco días o movemento o seu propio termo municipal.

   Mentres, na zona "intermedia" haberá seis municipios que se poderán mover entre eles "con mobilidade total". Trátase de: Ribadeo, Xove, Cervo, Foz, Viveiro e Barreiros.

   O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, pola súa banda, concretou que o brote está "controlado". Conta na actualidade con 182 casos activos, 17 máis que o xoves, e con 708 persoas en corentena na comarca da Mariña. Desde a data do inicio déronse 27 altas.

Más noticias