Os viaxeiros en bus urbano aumentan en 2018 en Galicia ao seu maior ritmo no último lustro

Publicado: lunes, 11 febrero 2019 11:44

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Feb. (EUROPA PRESS) -

Os viaxeiros en autobús urbano rexistraron un aumento en 2018 en Galicia do 2,2% en comparación co ano anterior, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, é o maior aumento na serie de publicacións desta esta estatística que comezou en 2012. Acumula catro anos de crecemento consecutivos en Galicia após 2017 (+0,1%), 2016 (+0,9%) e 2015 (+0,2%). En 2014 a cifra mantívose invariables despois de dous anos (2013 e 2012) en negativo.

Este aumento de 2018 na Comunidade galega é sete décimas superior ao avance da media española (+1,5%). A autonomía con maior crecemento foi Murcia (+3,7%), mentres que o maior descenso produciuse en Estremadura (-2,6%).

No tocante a decembro en comparación co último mes de 2017, hai un repunte na Comunidade galega do 4,9%, que é similar á do Estado.