O Parlamento de Galicia nomea senadores a Jesús Vázquez, Elena Muñoz e José Manuel Sande

Sesión plenaria del Parlamento de Galicia
EUROPA PRESS
Publicado: martes, 25 junio 2019 10:46

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O Parlamento de Galicia nomeou a Jesús Vázquez, Elena Muñoz e José Manuel Sande como representantes da Autonomía na recentemente iniciada lexislatura da Cámara Alta.

   A votación desenvolveuse nun pleno extraordinario celebrado no arranque da sesión que o Pazo do Hórreo acolle desde este martes. A única proposta elevada ante a Cámara recibiu 68 votos a favor e oito en branco.

   Así, os exconselleiros e candidatos ás alcaldías de Vigo e Ourense nas últimas eleccións municipais, Elena Muñoz e Jesús Vázquez, respectivamente, convértense en senadores por designación autonómica a proposta do Partido Popular de Galicia, grupo maioritario na Cámara.

   Tamén será represenante da Comunidade galega na Cámara Alta o exconcelleiro de Culturas do Concello da Coruña José Manuel Sande, cuxa elección no seo do grupo de En Marea a proposta dos deputados críticos con Luís Villares foi o detonante que provocou a saída do até agora portavoz e outros tres deputados ao grupo mixto.

   Antes da votación, desenvolvida en urna, gardouse un minuto de silencio en memoria do exdiputado socialista Raúl Fernández, falecido a pasada semana após padecer unha enfermidade. Así mesmo, Jackeline Fernández fixo ingreso como deputada do PPdeG en substitución de César Fernández Gil, novo alcalde de Ribadavia (Ourense).

(HABERÁ AMPLIACIÓN)