Publicado 13/01/2021 17:57CET

Pontón esixe que o mesmo DOG coas medidas para frear os contagios recolla axudas aos sectores afectados

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nunha rolda de prensa
BNG

   Ve "indigno" que Feijóo "culpe á cidadanía" da terceira onda e crítica a "falta de anticipación" da Xunta

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Ene. (EUROPA PRESS) -

   A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que sexa "claro e contundente" na adopción de medidas e que o mesmo Diario Oficial de Galicia (DOG) que recolle as restricións para frear os contaxios da covid inclúa tambíen axudas directas aos sectores máis afectados.

   "A situación non é culpa dunha cidadanía que maioritariamente está a cumprir coas normas e, por iso, o intento de Feijóo de responsabilizala é indigno, máxime vindo de alguén que se fixou como obxectivo salvar o Nadal", manifestou Pontón na xornada na que o presidente anunciou o incremento das restricións, unhas medidas que inclúen o cierrre da hostalaría ás 18,00 horas en toda Galicia.

   Pontón criticou que agora Feijóo se "despache" pedindo á xente que "non traslade os bares aos seus domicilios". "Realmente pensa que esta é a preocupación dos galegos e as galegas no medio da pandemia?", preguntou.

   A líder do Bloque instou ao presidente da Xunta a "deixar de rifar á xente" e "asumir as súas responsabilidades". "O resto é iincompetencia na toma de decisións e covardía á hora de asumilas", subliñou.

   A portavoz nacional do BNG, que demanda "claridade e valentía nas medidas", subliña que a súa formación apoia todas as propostas que os expertos consideren necesarias para atallar a pandemia cando antes e "tendo en conta a falsa dicotomía saúde-economía".

   Neste sentido, sinalou que as restricións teñen unhas consecuencias económicas que deben ser tidas en conta por parte do Goberno porque afecta aos ingreos de miles de familias e esixiu axudas directas a sectores como a hostalaría, o comercio, o turismo ou os servizos. "A todos os que ven obrigados a pechar as portas e que quedan sen ingresos", apuntou.

   Pontón, que lembrou que o propio Feijóo leva semanas adviertiendo de que viñan semanas moi duras, "tivo tempo para anticiparse e ter preparadas as axudas económicas que deberían acompañar ás medidas sanitarias".

   Por último, incidiu en que o Feijóo debe comparecer no Parlamento para dar conta da situación e pediu aos galegos e ás galegas que extremen a prudencia ante a alarmante evolución da pandemia.

OUTRAS CRÍTICAS ÁS DECLARACIÓNS DE FEIJÓO

   Por outra banda, noutro comunicado remitido aos medios, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública censurou que o máximo mandatario autonómico pretenda "culpar" do empeoramento da pandemia á poboación que celebrou o Nadal cando "el mesmo autorizou as reunións de dez acodes e permitiu a mobilidade".

   A asociación denunciou que a Xunta recortou o persoal da Atención Primaria, reduciu o seu orzamento e suprimiu "centos de camas nos hospitais públicos". "Pechou centros de saúde, eliminou consultas de pediatría mantivo os servizos da saúde pública na práctica indigencia", criticou a entidade, que acusa tamén á Xunta de "deixar morrer" a "centos de maiores nas residencias"

   "Esta sitaución colapsou os hospitais e impediu á Atención Primaria colaborar activa e eficazmente no control e a contención da covid, impediu actuar sobre os enfermos contaxiados e non contaxiados, que tiñan outras patoloxías graves", sinala.

   "Para disimular a súa responsabilidade pretende agora incrementar as restricións pero non fala do esforzo a realizar para vacinar a poboación, que ao ritmo actual pode tardar anos", sinala.

   Por todo iso, consideran as declaciones do presidnete "inaceptables" e "ofensivas" para a poboación. "Esiximos unha rectificación e o inicio dun proceso de reconstrución do sistema sanitario público", reclama.

Contador