Prisión provisional por homicidio para o detido pola morte do seu pai en Vigo

Rexistro da leira familiar do detido polo crime de Sárdoma en Vigo (Gal
Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Publicado 14/01/2019 14:51:35CET

   VIGO, 14 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O presunto parricida de Sárdoma (Vigo), detido pola morte do seu pai, de 81 anos de idade, foi enviado a prisión provisional por este homicidio, tras ser posto este luns a disposición xudicial ante o Xulgado de Instrución número 8 da cidade olívica.

   O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informou de que o titular do xulgado instrutor decretou para a detido prisión provisional comunicada e sen fianza. É investigado por "algunha forma de homicidio".

   A causa está secreta e o avogado do detido, Benjamín Mayo, asegurou aos medios de comunicación que o seu representado mostrou "total colaboración coa Administración de Xustiza".

Contador