A produción de leite en Galicia chegou en 2018 aos 2,8 millóns de toneladas, o 40% de toda España

26M.- Cooperativas Extremadura traslada a los partidos con representación parlamentaria 40 medidas para mejorar el campo
REUTERS - Archivo
Publicado: sábado, 1 junio 2019 15:25

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Jun. (EUROPA PRESS) -

   A produción de leite en Galicia ascendeu en 2018 aos 2,8 millóns de toneladas, o que supón, aproximadamente, un 40% da produción total en España.

   Así o confirmou a Xunta nun comunicado no que quixo "pór en valor" a produción galega no Día Mundial do Leite que se celebra este sábado. Esta conmemoración realizouse por primeira vez en 2001, impulsada pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).

   O Goberno galego recalcou tamén que, para incidir "positivamente" neste selo de calidade entre os consumidores, a Consellería de Medio Rural desenvolveu unha "intensa actividade de promoción".

   A marca Galega 100%, o "sinal de identidade" deste produto, estivo presente en sete eventos diferentes relacionados coa gastronomía e co deporte, como o Fórum Gastronómico da Coruña, a feira Xantar de Ourense ou a Expordes 2019.