O PSdeG esixe á Xunta coñecer cantos rastreadores ten o Sergas e os criterios da súa contratación

O portavoz de sanidade do PSdeG,  Julio Torrado
PSDEG - Archivo
Publicado: miércoles, 12 agosto 2020 19:10

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Ago. (EUROPA PRESS) -

   O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado, reclamou este mércores á Xunta que dea a coñecer o número de rastreadores dos que dispón o Servizo Galego de Saúde (Sergas) en activo e cantos deles están asignados á área metropolitana da Coruña, a máis afectada os rebrotes.

   Nun comunicado remitido aos medios, o parlamentario socialista reclama tamén á Xunta que explique cal foi o método de selección deste persoal e quen se encarga da dirección do seu traballo.

   Así mesmo, preguntou como se coordinou o seu labor cos profesionais de atención primaria e considerou necesario que o Sergas aclare tamén se vai contratar a máis persoal para facer fronte aos rebrotes.

   "A Xunta ten que implicarse na solución dos problemas en lugar de maquillar as cifras e de tentar endosar a responsabilidade aos concellos", recalcou o parlamentario do PSdeG, que urxiu ao Goberno galego que aclare as previsións que manexa sobre o aumento de casos.