Actualizado 29/06/2020 21:14:26 +00:00 CET

O Ránking de Xangai sitúa a UVigo entre as 100 mellores en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Oceanografía

Campus universitario de Vigo
UNIVERSIDADE DE VIGO

VIGO, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Ranking Global de Materias Académicas (GRAS, polas súas siglas en inglés) de 2020, elaborado por Xangai Ranking Consultancy, situou a Universidade de Vigo (UVigo) entre as 100 mellores institucións educativas do mundo nos ámbitos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Oceanografía.

Segundo trasladou a UVigo nun comunicado, este 'ranking' clasifica as mellores universidades a nivel mundial de acordo con 54 ámbitos e incluíu a institución educativa da cidade olívica entre as de referencia en 12 materias.

Esta clasificación, que inclúe máis de 1.800 universidades de 90 países, avalía indicadores que miden a calidade da investigación, a colaboración internacional, a investigación e os recoñecementos académicos.

En concreto, a Universidade de Vigo ocupou unha posición destacada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, onde se atopa entre as 75 mellores institucións, e Oceanografía, un ámbito no que figura entre as 100 primeiras universidades. Así, mellorou as súas posicións nestas áreas en relación ao ano anterior.

De feito, na materia de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pasou do bloque comprendido entre as 76 e as 100 primeiras universidades ao tramo situado entre as posicións 51 e 75. Deste xeito, a nivel nacional, situouse por detrás da Universidad de Valencia, a Universidad Politécnica de Valencia, a Universidad de Granada e a Universidad de Sevilla, así como no mesmo tramo que as de Lleida e Rovira i Virgili.

Mentres, na materia de Oceanografía, a UVigo pasou do bloque 101-150 ao 76-100 e, a nivel estatal, sitúase por detrás das universidades de Barcelona e Baleares e no mesmo grupo que a Autónoma de Barcelona.

Ademais, a UVigo forma parte das 200 mellores universidades en Enxeñaría de Telecomunicación e das 300 máis valoradas en Xestión Turística. Así mesmo, atópase nos 'rankings' que integran as 500 universidades máis prestixiosas nos ámbitos de Ciencias da Terra, Ecoloxía, Ciencias Atmosféricas, Enxeñaría Eléctrica e Electrónica, Enxeñaría Química, Ciencias e Enxeñaría da Enerxía, Biotecnoloxía e Ciencias Agrícolas.

Respecto ao 'ranking' de 2019, a UVigo incorporou as áreas de Ciencia e Enxeñaría da Enerxía, pero perdeu a súa presenza noutros ámbitos da clasificación nos que figuraba, Química, Ciencias e Enxeñaría Ambiental, Economía e Enxeñaría Civil.

Sobre este punto, a vicerreitora de Investigación da UVigo, Belén Rubio, incidiu na necesidade de captar talento e articular sinerxías entre grupos clave para mellorar a obtención de fondos e os resultados científicos. Do mesmo xeito, avogou por potenciar novos centros de investigación noutros ámbitos.

Así mesmo, a vicerreitora de Investigación destacou o potencial investigador da UVigo de acordo coas súas posicións no 'ranking' a pesar de que se trata dunha universidade de recente creación cun "financiamento modesto". Ademais, sinalou que o investimento en I+D en España sitúase nos niveis "máis baixos" da Unión Europea (UE).

Contador

Lo más leído

  1. 1

    Mila Ximénez se apoya en su amiga Chelo García Cortés en estos duros momentos

  2. 2

    Galicia cierra durante cinco días A Mariña (Lugo) por el brote, que acumula 106 positivos en coronavirus

  3. 3

    Iglesias anuncia que serán ellos quienes pidan una comisión parlamentaria sobre el espionaje

  4. 4

    Trump se compromete a "proteger el modo de vida americano que comenzó con Cristóbal Colón"

  5. 5

    Fallecen en Muxika dos personas en un accidente de tráfico entre una moto y un turismo

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista