Recuperan o corpo dun home achado flotando xunto ao peirao de Aguiño en Ribeira

Actualizado 12/07/2019 09:40:39 CET

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Os servizos de emerxencias recuperaron o corpo sen vida dun home que foi localizado na auga, á beira do peirao de Aguiño, no municipio coruñés de Ribeira.

   Segundo informou o 112 Galicia, tivo coñecemento do suceso sobre a medianoite a través da chamada de alerta dun veciño. Após iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediu a colaboración das forzas da orde e dos membros do grupo local de emerxencias co fin de rescatar o corpo que apareceu flotando na auga.

   Ademais, os feitos puxéronse en coñecemento dos equipos de Salvamento Marítimo, que dispuxeron a embarcación 'Salvamar Sargadelos' para recuperar o corpo.

   Finalmente foron axentes da Policía Nacional os que sacaron o corpo da auga e investigan as circunstancias da morte.

Contador