LUGO 21 May. (EUROPA PRESS) -
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, pediu este martes ao alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, que faga "o que está a dicir" sobre "colaborar" coa Xustiza no marco da 'Operación Pokémon' tras pedir o amparo dos tribunais para defender a súa inocencia para que "se aclare" á súa situación.
Alfonso Rueda, momentos antes de participar na sinatura dun convenio na Deputación de Lugo, apelou a esa "colaboración" para que "se aclare canto antes á súa situación".
Preguntado sobre se tería que dimitir, o vicepresidente da Xunta limitouse a sinalar que se remite "ao que di o grupo municipal do Partido Popular", que hai días pediu o cesamento do alcalde tras transcender un auto do sumario sobre suposto subornos.