A saída de vía dun coche sáldase con dous mozos feridos en Vigo

Publicado: viernes, 14 febrero 2020 9:31

   VIGO, 14 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A saída de vía dun coche no que viaxaban catro persoas saldouse este venres cunha delas excarcerada e dous mozos trasladados a senllos centros hospitalarios en Vigo.

   Segundo informou o 112 Galicia, foron bombeiros da cidade os que interviñeron para liberar á persona atrapada sobre as 2,50 horas deste venres.

   Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou ao 112 dun accidente na estrada do Bao, en Coruxo. Por iso, após ter constancia, por parte do CIAE púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vigo e da Policía Local.

   Ao lugar o 061 desprazou dúas ambulancias que levaron a unha muller de 19 anos, P.V.P., ao Hospital Povisa e ao home X.Z.P., de 18 anos, a Fátima, confirmaron a Europa Press fonte sanitarias.