O Sergas alega que prefire "voluntarios" a "obrigar" aos médicos para "garantir a asistencia" nos PACs de Vigo

Publicado: miércoles, 31 octubre 2018 20:29

   VIGO, 31 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O Sergas manifestou que "ofrece de maneira voluntaria a tódolos médicos da Área sanitaria de Vigo" que fagan máis horas nos Puntos de Atención Continuada (PAC) para "garantir a asistencia" debido a que están a ter "serias dificultades" para cubrir as "moitas ausencias" que se están producindo nestes servizos de urxencias extrahospitalarias.

   En resposta ao comunicado emitido polos profesionais dos PACs da EOXI de Vigo, o Sergas alega que "non hai médicos en desemprego nas listas de substitucións" e que "nesta época" están a rexistrarse "moitas ausencias" nos PACs polos seguintes motivos: "moitas baixas" dos traballadores, "algunha xubilación", algúns "pediron días para estudar" para a oposición e no recente concurso de traslados "algúns se estabilizaron".

   Fontes do Sergas insistiron en que presentaron a 'Oferta de voluntariedad complementaria da xornada' como unha "medida" para "garantir a asistencia" á cidadanía. Manteñen que "prefiren" que as necesidades dos PACs se cubran "de maneira voluntaria", pero apuntan que se non teñen voluntarios "poden obrigar" aos médicos a traballar, sempre dentro do "marco legal".

   Segundo trasladou o Sergas, a xornada ordinaria dos médicos de PACs móvese entre as 1.451 horas e as 1.570 ao ano. Estas horas son prolongables de maneira obrigatoria até as 2.093 horas anuais, sempre respectando as horas de descanso.

   Estas mesmas fontes apuntaron a Europa Press que "retieran" o seu "agradecemento" ao 16 por cento dos facultativos da Área de Vigo "que xa viñan cubrindo os PACs de maneira voluntaria" antes de que o ente público expuxese esta medida.

   Así mesmo, estas fontes confirmaron que houbo "problemas" para cubrir os PACs da Área sanitaria de Vigo durante as xornadas desta ponte de Todos os Santos e que tiveron que realizar "encaixes de palillos" para cubrilos todos.