O servizo contra incendios desinfectará un total de 351 centros de saúde e residencias

Labores de desinfección nun centro de Galicia
XUNTA
Publicado: domingo, 29 marzo 2020 13:54

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Mar. (EUROPA PRESS) -

   Os profesionais do servizo e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) de Galicia desinfectarán un total de 351 centros de saúde e residencias na súa primeira semana de colaboración enmarcada na situación de emerxencia causada polo coronavirus.

   En concreto, esta fin de semana levan actuacións no exterior de 92 centros médicos, residencias de maiores e de persoas con discapacidade que están localizados en concellos do rural de menos de 5.000 habitantes.

   Este servizo ten previsto percorrer até 200 municipios galegos, segundo explicou este domingo a Xunta nun comunicado. Ademais, tamén se desinfectarán outras áreas do rural "especialmente concorridas", como as beirarrúas ou as zonas establecidas para a recollida de lixo.

   Os labores de desinfección estanse realizado con "todo o material de protección necesario, así como cos protocolos de actuación pertinente" ofrecidos polas autoridades sanitarias. Igualmente, os efectivos dispoñen de "maquinaria e produtos" e puxéronse en contacto coas residencias para "reforzar os seus protocolos de prevención".

DESINFECCIÓN DIARIA EN FERROL

   As mesmas labores de desinfección están a levarse a cabo por parte de concellos como o de Ferrol. En concreto é o corpo de bombeiros o que desde este sábado está a limpar e desinfectando "en profundidade" os exteriores das dependencias con maior afluencia de persoas nestes días de confinamento.

   O goberno local explicou nun comunicado que tres efectivos se dedican diariamente á pulverización destes espazos como son os ambulatarios de Serantes, Caranza e a Praza de España; tamén os centros hospitalarios, o tres residencias de maiores da cidade e outras dependencias.

    O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, especificou que esta limpeza se realizará diariamente en quendas de mañá e tarde co obxectivo de combater a posibilidade de contagios de coronavirus.