Publicado 16/09/2020 18:47:01 +02:00CET

O Sindicato de Estudantes desconvoca as protestas deste xoves en Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Sep. (EUROPA PRESS) -

O Sindicato de Estudantes decidiu suspender as protestas que tiña planeadas para este xoves como parate da convocatoria de folga estatal no sistema educativo. En Galicia, estaban previstas mobilizacións en Vigo, Ferrol e Ourense, que finalemente non levarán a cabo.

A organización apelou aos casos que están a xurdir nos centros e os repuntes en determinados municipios. "Somos moi conscientes das enormes dificultades que pesan sobre os estudantes para moverse e participar nas concentracións ante o medo comprensible ao contaxio, cando os rebrotes se descontrolan, e sucédense as noticias de confinamentos por zonas e barrios".

Por este motivo, suspenderon as concentracións que tiñan convocadas para este xoves en todo o Estado, aínda que si se manteñen outras iniciativas en, os centros de estudo como caceroladas ou plantes nos patios que se poidan organizar en condicións de seguridade e distancia.

"A loita acaba de iniciarse, será longa e dura. Pero non imos desistir. Sabemos que os dereitos se conquistan coa mobilización masiva, con determinación e valentía. E os feitos están a darnos a razón", engaden.

Contador