Máquina quitaneves na provincia de Lugo.
DIPUTACIÓN DE LUGO.
Actualizado: viernes, 1 febrero 2019 14:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

O 112 Galicia xestionou 165 incidencias entre as 7,00 e as 12,00 horas deste venres relacionadas coa meteoroloxía adversa na Comunidade galega, a maioría por caída de árbores sobre a rede viaria.

Segundo informou o 112, a maioría de incidentes foron provocados pola caída de árbores e ramas en estradas (65), pero tamén a neve deixouse notar nas estradas dos concellos de Lugo e Ourense.

Deste xeito, as mesmas fontes indicaron que foron varios os condutores que comunicaron ao longo da mañá deste venres que a neve lles impedía continuar cara aos seus destinos. En conxunto, foron 22 os incidentes rexistrados.

Por provincias, a da Coruña foi a máis afectada con 56 incidentes rexistrados, a de Pontevedra con 61, Lugo con 24, Ourense 23 e un incidente rexistrado noutras comunidades.

En canto aos concellos, o 112 Galicia destaca no seu balance na provincia da Coruña, o de Boiro con cinco incidentes e o de Ribeira con seis.

Na provincia de Pontevedra, o de Vigo e o de Vilagarcía de Arousa con nove incidentes cada un deles, e o de Ponteareas, con cinco. Na de Lugo, houbo catro incidentes rexistrados no concello de Vilalba e tres no de Monforte.

Para finalizar, na provincia de Ourense, o 112 Galicia apunta tres incidentes no concello da Gudiña e dous no de Avión relacionados coa borrasca 'Helena'.

Ademais, o paso de sucesivos episodios adversos que afectan á Comunidade galega deixou 72 incidentes rexistradas no servizo de emerxencias no período comprendido entre as 18,00 horas deste xoves e as 7,00 horas deste venres.

CLASES SUSPENDIDAS

Por mor desta temporal a Xunta decidiu suspender a actividade lectiva este venres, día 1 de febreiro, nas zonas da montaña de Lugo e Ourense afectadas por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

Segundo os datos facilitados pola Xunta, a suspensión de clases afecta na zona de montaña de Ouerense a 1.282 alumnos de 17 centros en 12 concellos. Na de Lugo quedarán sen clase 788 estudantes de 14 centros en 11 municipios.

Más noticias