Actualizado 15/09/2021 10:57 CET

Todos os membros do Goberno da Xunta salvo os vicepresidentes abandonarán os seus escanos na Cámara

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o sete conselleiros autonómicos que mantiñan o seu escano como deputados do Partido Popular abandonarán o seu posto na Cámara autonómica para "centrarse" nas súas tarefas de goberno.

   O mandatario galego fixo este anuncio ao termo da súa intervención durante a sesión de control deste mércores, a primeira do curso político.

   Deste xeito, só os vicepresidentes do Executivo galego, o primeiro, Alfonso Rueda, e o segundo, Francisco Conde; manterán o seu escano na Cámara. A marcha tampouco afecta ao titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e á de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; únicos membros do executivos que non eran deputados esta lexislatura.

   Por contra, abandonan o hemiciclo Fabiola García (Política Social), Valeriano Martínez (Facenda), Rosa Quintana (Mar), José González (Medio Rural), Román Rodríguez (Educación e Cultura), Ethel Vázquez (Infraestrutruas e Vivenda) e Ángeles Vázquez (Medio Ambiente).

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contador