Trasladan á leira familiar ao detido polo crime de Sárdoma en Vigo para un rexistro

Rexistro este sábado da vivenda familiar de Sárdoma
MARTA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ - EUROPA PRESS
Publicado 12/01/2019 13:57:23CET

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Ene. (EUROPA PRESS) -

   O home detido o pasado xoves como presunto autor da morte do seu pai de 81 anos de idade, na parroquia viguesa de Sárdoma foi trasladado este sábado á leira familiar para a realización dun rexistro.

   Pasadas as 12,00 horas o detido chegou á leira familiar para estar presente, xunto co seu letrado, nun rexistro domiciliario. Até alí desprazáronse tamén efectivos de Policía Científica da Comisaría que están inspeccionando a leira.

   O home foi detido tras confesar durante un rexistro que matara ao seu pai no transcurso dunha discusión. Está previsto que pase a disposición xudicial durante este domingo.

   O cadáver de Manuel A.R. foi localizado o pasado 7 de xaneiro por dous veciños da zona nunha área próxima ao río Eifonso, a uns 600 metros da leira familiar. O corpo estaba tapado con vexetación, plásticos e trapos, e cos pés descalzos suxeitos cun cinto.

Contador