Publicado 07/04/2021 21:03CET

Tres novos falecidos elevan a 2.362 as vítimas da pandemia en Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Abr. (EUROPA PRESS) -

As autoridades sanitarias informaron de tres novos falecidos con covid-19, que eleva a 2.363 o total de vítimas da pandemia na comunidade galega.

En concreto, trátase dun home de 95 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Vigo, ademais doutras dúas mulleres de 79 e 87 anos que se atopaban no Complexo Hospitalario de Ferrol e no de Pontevedra, respectivamente.

O tres presentaban patoloxías previas, segundo engaden desde a Consellería de Sanidade.

Contador