Tres persoas feridas en Cambre (A Coruña) ao ser atropeladas por un vehículo que tentaban arrincar

Publicado: lunes, 31 diciembre 2018 14:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Dic. (EUROPA PRESS) -

Tres persoas resultaron feridas en Cambre (A Coruña) despois de ser atropeladas por un turismo ao que estaban a empuxar para tratar de arrincalo.

O incidente produciuse no lugar da Veiga, sobre as 9,30 horas da mañá, cando o 061 contactaba co 112 para alertar do sucedido. Os feridos foron trasladados a un centro médico.

O 112 tamén deu parte da situación á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e aos bombeiros de Arteixo.

Por outra banda, en Vigo, produciuse unha colisión entre tres vehículos como consecuencia dun can na vía. O accidente, que tivo lugar sobre as 11,00 horas no quilómetro 6 da estrada PO-330, saldouse con dous feridos, que foron trasladados ao Hospital de Fátima.

Neste caso, foi un particular quen contactou co 112 Galicia, e despois o CIAE-112 pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.